Novamente no ano 2022 contamos coa axuda económica por parte do Concello de Lousame que, grazas ao Convenio de colaboración que manten coa Asociación A Creba, axúdanos a financiar o Mantemento do servizo de transporte para a asistencia ás actividades e programas de Rehabilitación Psicosocial para persoas con discapacidade a consecuencia de padecer doenzas mentais, procedentes do Concello de Lousame. O importe subvencionado é de 1.500 €.