Itinerarios de Inclusión

12/04/2016 14:09:59
  • Publicaciones

ITINERARIOS DE INCLUSIÓN SOCIOLABORAL PARA PERSOAS CON DISCAPACIDADE NAS COMARCAS DE MUROS-NOIA E BARBANZA

Atención dirixida a fomentar a inclusión social e o acceso e permanencia no mercado de traballo das persoas en risco de exclusión social

As acción desenroladas a través de itinerarios de inclusión social con acompañamento, comprende tanto actuacións coa persoa usuaria, a súa valoración social e individual, o deseño do itinerario, o seguimento, a revisión dos obxectivos ou actuacións, as medidas de acompañamento, acción para a mellora das habilidades sociais ou para a búsqueda de emprego, a orientación social e laboral, así como outras actuacións nas que non é preciso a presenza de persoas usuarias pero que son necesarias para a consecución dos obxectivos do seu proxecto de inclusión, tales como a prospección do mercado laboral e a coordinación con outros dispositivos

Esta acción se levará a cabo entre o 1 de abril e o 30 de novembro do 2016

  

Acción subvencionada pola Consellería de Traballo e Benestar e o Fondo Social Europeo

 

 

 

FORMACIÓN

“FORMACIÓN EN HABILIDADES BÁXICAS DE AXUSTE LABORAL”

Esta acción pretende aportar os coñecementos básicos e habilidades  para poder incrementar a autonomía  de cara a integración sociolaboral e dotar aos beneficiarios desta actuación do coñecemento dun protocolo básico na búsqueda activa de un emprego, así como das habilidades necesarias para levar a cabo dunha maneira axeitada dita búsqueda. Atendendo para este logro factores como a Autoestima, resolución de conflictos,  habilidades sociais, educación emocional

Esta acción se levará acabo entre o 1 de abril e o 30 de novembro do 2016

Acción subvencionada pola Consellería de Traballo e Benestar e o Fondo Social Europeo.