Programa FOIE/2021

05/05/2021 11:56:51
  • Publicaciones

       A través da FOIE/2021, un programa de subvencións para entidades sen fin de lucro para o investimento de Servizos Sociais, a Deputación da Coruña colabora ca Asociación A Creba cun importe de 28.623,33€. Este importe irá destinado a acondicionar e mellorar as vivendas protexidas que xestionamos para poder ofrecerlle un espazo renovado, acolledor e accesible. Seguimos na liña de mellorar a calidade de vida das persoas usuarias que ocupan praza nas nosas vivendas protexidas.