Quiénes Somos
A Creba fundouse en 1994 da man dun grupo de profesionais e de familiares de persoas afectada por doenzas mentais ou psiquiátricas, que buscaban tanto orientación como apoio profesional, e a posibilidade de dispor de recursos máis completos e integrais que aqueles os que cada un podía achegar illadamente.
Co tempo a Asociación medrou, -en tamaño, en experiencia e en eficacia-, profesionalizouse, e puido reunir medios materiais e humáns de calidade cos que realizar a súa labor.
Qué hacemos
A Creba é unha asociación sin ánimo de lucro dirixida principalmente a persoas que padecen unha enfermidade mental como poden ser depresión, trastornos de personalidade, trastorno bipolar, esquizofrenia ou outros trastornos psiquiátricos que sean crónicos; e a familiares e/ou coidadores de persoas que padecen éstas doencias.




