DALLE VOZ



Campaña de información e sensibilización sobre a enfermidade mental.

 

 

 

CAMPAÑA DE SENSIBILIZACIÓN E INFORMACIÓN SOBRE A ENFERMIDADE MENTAL “DALLE VOZ”

Esta campaña foi concebida para as seguintes necesidades detectadas:

- A enfermidade mental segue sendo un tema tabú.

- Segue dando medo a falar abertamente da enfermidade mental

- Falta de información sobre a Enfermidade Mental e a súa problemática.


- Incidencia dos hábitos de vida pouco saudables na aparición da enfermidade mental: concienciar sobre o risco de consumo de cánnabis, alcohol e outras sustancias.

- Gran estigma social e prexuizos sobre as persoas que padecen unha  enfermidade mental

A información é o mellor tratamento

A través desta Campaña, preténdese informar, sensibilizar e formar á poboación en xeral e á comunidade educativa en particular, sobre a realidade da enfermidade mental e as accións que favorecen a correcta detección de posibles trastornos mentais.

A enfermidade mental é unha patoloxia severa e persistente que en parte pode previrse coa axuda da comunidade educativa, colaborando na detección precoz de síntomas, e educando en habilidades interpersoais para previr conductas de risco, tales como o consumo de cannabis e outras drogas, e fomentando hábitos de vida saudables. É necesario que asociacións, profesionais da saúde mental, familiares, centros educactivos…,traballemos xuntos para informar á poboación e desta maneira previr futuras enfermedades ou polo menos poder detectar o antes posible a aparición dalgunha delas.

En particular, os xóvenes na etapa do ensino secundario viven moitas situacións de risco en materia de saúde mental: estrés, problemas emocionais, abuso de sustancias, desde idades cada vez máis teperás. A esto engádese as altas tasas de suicidio, os desaxustes alimenticios, problemas que están á orde do dia e que en moitas ocasións pasan desapercibidos.

Por todo esto consideramos que unha campaña informativa e de sensibilización sobre a enfermidade mental é necesaria para así axudar a rematar con mitos e prexuizos que aínda existen a dia de hoxa na sociedade.

 

Obxectivo Xeral:

Informar e sensibilizar á poboación en xeral sobre as enfermidades mentais

 

Obxectivos específicos:

- Aumentar a concienciación da poboación en xeral e dos xóvenes en particular, así como os coñecementos sobre a enfermidade mental.

- Informar sobre a relación entre enfermidade mental e conductas de risco. 

- Mellorar a actitude cara aquelas persoas que padecen unha enfermidade mental e cara os seus familiares.

- Emprender accións para evitar e eliminar a discriminación e prexuizos cara as persoas con enfremidade mental, na poboación en xeral.

Resultados esperados:

- Sensibilizar á  poboación en xeral e as institucións públicas da problemática da saúde mental fomentando a comprensión social da persoa que padece unha enfermidade mental

- Ampliación de coñecementos sobre a enfermidade mental.

- Incremento de habilidades comportamentais para o mantemento da saúde mental e física.

- Mellorar a imaxe e a calidade de vida das persoas afectadas

Destinatarios da campaña:

- Xóvenes de colexios e IES

- Educadores

- Medios de comunicación

- Asociacións veciñais, de iniciativa social, cultural….