SUBVENCIÓNS A ENTIDADES DE INICIATIVA SOCIAL PARA PROGRAMAS DIRIXIDOS A MULLERES EN SITUACIÓN DE ESPECIAL VULNERABILIDADE
Esta actuación está cofinanciada pola Unión Europea co obxectivo de fomentar a igualdade de oportunidades para contribuír á redución da dobre discriminación na que se atopan as mulleres en situación de especial vulnerabilidade
Período de execución: dende o 1 de setembro de 2023 ata o 31 de agosto de 2024
O programa de atención a mulleres foi iniciado no ano 2009 e continúa no 2024. A Creba leva a cabo un proxecto de apoio integral dirixido a mulleres con discapacidade a consecuencia de doenzas mentais e con especiais dificultades para a súa integración social e laboral.
O obxectivo principal é acompañar ás mulleres nun proceso de coñecementos e habilidades básicas, para poder incrementar a súa autonomía cara a integración familiar, social e/ou laboral, dotando ás mulleres de ferramentas persoais, habilidades, aptitudes e valores necesarios para unha maior normalización e autonomía.
Estas actividades lévanse a cabo de xeito continuado ao longo de todo o ano.
Realizada coa financiación da Secretaría Xeral da Igualdade da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia, e cofinanciadas parcialmente pola Unión europea no marco do Programa operativo FSE+Galicia 2021-2027
A resolución do 27 de maio do 2024 foi publicada no DOG o 06 de xuño do 2024.