Vimos de adquirir unha nova furgoneta e nesta ocasión quixemos seguir apostando polo respecto ao medio ambiente cunha furgoneta eléctrica. Isto puido ser posible grazas as Axudas a entidades de iniciativa social da Comunidade Autónoma de Galicia para a adquisición de vehículos para a prestación de servizos a persoas dependentes ou con discapacidade.
A nosa nova furgoneta eléctrica Toyota foi financiada pola Unión Europea-NextGenerationEU no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia. Actuación apoiada pola Xunta de Galicia.