CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE O CONCELLO DE LOUSAME E A ASOCIACIÓN SAÚDE MENTAL A CREBA - 2022

26/12/2022 13:06:08
  • Publicaciones

Novamente no ano 2022 contamos coa axuda económica por parte do Concello de Lousame que, grazas ao Convenio de colaboración que manten coa Asociación A Creba, axúdanos a financiar o Mantemento do servizo de transporte para a asistencia ás actividades e programas de Rehabilitación Psicosocial para persoas con discapacidade a consecuencia de padecer doenzas mentais, procedentes do Concello de Lousame. O importe subvencionado é de 1.500 €.