Vimos de firmar novamente un Convenio de Colaboración entre o Concello de Ribeira e a Asociación A Creba. A través deste convenio o Concello de Ribeira comprométese a facer a aportación de 3.400€ para colaborar con "Programa de transporte de persoas usuarias". Grazas a ese programa a Asociación A Creba achega as persoas residentes no Concello de Ribeira ao Centro de Rehabilitación aproximando os servizos especializados as persoas usuarias que así o precisen.