Convenio de Colaboración entre o Concello de Ribeira e a Asociación Saúde Mental A Creba

04/12/2023 10:25:49
  • Publicaciones

       Un ano máis a nosa Asociación conta ca colaboración do Concello de Ribeira a través dun convenio de colaboración que ten por obxecto apoiar o "Programa de transporte de persoas usuarias".

       Grazas a este programa a Asociación achega as veciñas e veciños do Concello de Ribeira con problemas de saúde mental ao Centro de Rehabilitación aproximando os sevizos especializados as persoas usuarias que así o precisen. 

       A aportación de 3.400 € de Ribeira axúdanos a seguir levando a cabo este programa tan necesario.