Dalle Voz

Campaña Informativa

20/04/2017 9:13:55
  • Publicaciones

CAMPAÑA DE SENSIBILIZACiÓN E INFORMACiÓN SOBRE A ENFERMIDADE MENTAL "DALLE VOZ"

A través desta Campaña preténdese informar, sensibilizar e formar aos xóvenes e educadores sobre a realidade da enfermidade mental, o seu tratamento, as conductas que potencian a saúde mental e as accións que favorecen a correcta detección de trastornos mentais. A enfermidade mental é unha patoloxía severa e persistente que en parte pode previrse coa axuda da comunidade educativa, colaborando na detección precoz de síntomas, e educando en habilidades interpersoais para previr as conductas de risco, tales como o consumo de cannabis e outras drogas, e fomentando hábitos de vida saudables.

É necesario que asociacións, profesionais da saúde mental, familiares, centros educativos ..., traballemos xuntos para informar aos xóvenes e desta maneira, previr futuras enfermidades ou polo menos, poder detectar o antes posible a aparición dalgunha delas. .

Os xóvenes, nestas etapas, viven moitas situación de risco en materia de saúde mental: o estrés, os problemas emocionais, o abuso de sustancias dende idades cada vez máis temperás, as altas tasas de suicidio, os desaxustes alimenticios ....son problemas que están á orde do dia e que pasan desapercibidos en moitas ocasións. Por todo esto, consideramos que unha Campaña Informativa e de Sensibilización sobre a Enfermidade Mental para xóvenes e educadores, é necesaria para rematar con mitos e prexuicios que aínda existen a dia de hoxe. Partimos da base de que a Información é a mellor prevención.

Obxectivo xeral: Informar e sensibilizar aos xóvenes e educadores sobre as enfermidades mentais

Obxectivos específicos:  Aumentar a concienciación dos xóvenes así como os seus coñecementos sobre a enfermidade mental.

• Informar aos xóvenes sobre a relación entre enfermidade mental e conductas de risco.

• Mellorar a actitude dos xóvenes cara a aquelas persoas que padecen unha enfermidade mental e cara ós seus familiares.

• Emprender acciós para evitar e eliminar a discriminación e prexuizos cara as persoas con enfermidade mental, tanto nos xóvenes e educadores, como na sociedade en xeral. Esta Campaña foi concebida para as seguintes necesidades detectadas:

• Falta de Información

• Incidencia dos hábitos de vida pouco saudables na aparición da enfermidade mental: concienciar sobre o risco de consumo de tóxicos (alcohol e drogas)

• Estigma social e prexuizo

Destinatarios do proxecto:

• Xóvenes estudiantes de ensinanzas medias

• Educadores

• Medios de comunicación

Estaremos el: 

18 de abril: IES VIrxe do Mar en Noia (4º ESO)
20 de abril: IES Lamas de Castelo en Carnota (3º ESO)
28 de abril: IES Virxe do Mar en Noia (4º ESO)