PROGRAMA DE APOIO INTEGRAL A MULLERES CON DOENZAS MENTAIS PROCEDENTES DO MEDIO RURAL

25/07/2019 10:43:23
  • Publicaciones

PROGRAMA DE APOIO INTEGRAL A MULLERES CON DOENZAS MENTAIS PROCEDENTES DO MEDIO RURAL

Período de execución: dende o 1 de octubro de 2018 ata o 30 de setembro de 2019 

O programa de atención a mulleres foi iniciado no ano 2009 e continua no 2019. A Creba leva a cabo un proxecto de apoio integral dirixido a mulleres con discapacidade a consecuencia de doenzas mentais e con especiais dificultades para a súa integración social e laboral.

O obxectivo principal e dotar as mulleres das ferramentas persoais, habilidades, aptitudes e valores necesarios para unha maior normalización e autonomía.

Estas actividades lévanse a cabo de xeito continuado o longo de todo o ano.

Realizada coa financiación da Secretaría Xeral da Igualdade da Consellería de Presidencia da Xunta de Galicia e polo Fondo Social Europeo.