PROGRAMA DE APOIO INTEGRAL A MULLERES CON DOENZAS MENTAIS PROCEDENTES DO MEDIO RURAL

12/08/2021 12:09:07
  • Publicaciones

 

PROGRAMA DE APOIO INTEGRAL A MULLERES CON DOENZAS MENTAIS PROCEDENTES DO MEDIO RURAL

Período de execución: dende o 1 de octubro de 2020 ata o 30 de setembro de 2021

O programa de atención a mulleres foi iniciado no ano 2009 e continua no 2021. A Creba leva a cabo un proxecto de apoio integral dirixido a mulleres con discapacidade a consecuencia de doenzas mentais e con especiais dificultades para a súa integración social e laboral.

O obxectivo principal e dotar as mulleres das ferramentas persoais, habilidades, aptitudes e valores necesarios para unha maior normalización e autonomía.

Estas actividades lévanse a cabo de xeito continuado o longo de todo o ano.

Realizada coa financiación da Secretaría Xeral da Igualdade da Consellería de Presidencia da Xunta de Galicia 

A resolución do 5 de agosto do 2021 foi publicada no DOG o 11 de agosto do 2021

Esta nova resolución de concesión é posible despois de que se ampliase o crédito da convocatoria destas axudas.