Grazas ao Programa Operativo de Emprego Xuvenil, que conta co apoio da Consellería de Economía, Emprego e Industria e a cofinanciación da Unión Europea, a Asociación Saúde Mental A Creba conta cunha nova monitora, que traballará no centro que ten a asociación en Ribeira durante 7 meses.
Dito programa ten por obxecto o fomento do emprego a través da contratación de persoas menores de 30 anos inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, coa finalidade de proporcionarlles unha experiencia e práctica profesional que facilite a súa inserción laboral.
Esta axuda está cofinanciada nun 91,89% polo Fondo Social Europeo e a iniciativa de emprego xuvenil, a través do Programa Operativo de Emprego Xuvenil, Eixo prioritario 5, Prioridade de investimento 8.2., Obxectivo específico 8.2.4., Medida 8.2.4.2.
A cuantía desta subvención ascende a 11.604,62€.
Sara, a nova compañeira desenvolverá durante 7 meses tarefas e actividades no marco do proxecto "Colaboración para o mantemento dos servizos de atención nas sedes de A Creba" , o que vai a ser un gran apoio para as diferentes actividades e programas que se desenvolven na asociación para fomentar a autonomía, mellorar o desenvolvemento persoal e social das persoas usuarias.
Os obxectivos e resultados que se pretenden alcanzar por parte da traballadors son:
- Monitorización de obradoiro artesanal
- Impartir grupos de aprendizaxe
- Acompañamento as persoas usuarias
- Fomentar a ocupación e o tempo de lecer das persoas usuarias.
De cara á traballadora os obxectivos desexados son mellorar a empregabilidade da traballadora, ampliar a súa formación e adquirir experiencia profesional; buscando como resultado a obtención de habilidades e capacidades laborais.